O BNG de Coirós esixe ao Goberno local que se teñan en conta as demandas veciñais para mellorar os accesos aos núcleos de Queirís, Collantres e Os Chas, despois do pintado da carretera N-VI por parte do Ministerio de Fomento que eliminou algunhas liñas discontinuas. O Bloque preguntou ao Goberno estatal por este feito, a causa do que varios veciños afectados conformaron una plataforma. O alcalde, ante a disconformidade xeral, reuniuse con responsables de Fomento e asegurou que está todo resolto pero o BNG pide datos.