Xurxo Martínez tomará posesión hoxe no pleno extraordinario de Oleiros (sen asistencia de público) como novo portavoz municipal do BNG, despois da marcha de Fran Rei despois de varias lexislaturas no Concello.

Xurxo Martínez, veciño do núcleo de Lorbé, de 34 anos, foi o número dous da candidatura electoral do Bloque nas pasadas eleccións municipais. Tamén foi presidente da Asociación Recreativa e Cultural Amigos de Lorbé. Actualmente é mecánico naval.

O novo portavoz ten previsto poñerse en contacto nas próximas semanas con diferentes entidades asociativas oleirenses para coñecer a súa situación e necesidades.