O Concello de Bergondo presentou onte domingo 22 de novembro, no edificio A Senra o libro do proxecto Seis cafés. Etnografía dos coidados en tempos de pandemia, desenvolvido co obxectivo de afondar na importancia dos coidados para a vida e dos interrogantes que se abren pola emerxencia sanitaria do Covid-19.

Nesta publicación, realizada pola cooperativa Rexenerando, recompílanse, a través de textos e imaxes, os resultados das entrevistas levadas a cabo e do encontro virtual Coidatopías, que se levou a cabo o 21 de outubro. Neste debate participaron mulleres de idades moi diversas, desde os 20 ata os 70 anos, o que permitiu que xeracións moi distintas compartiran a súa visión sobre os coidados.

No acto de onte participaron algunha das veciñas entrevistadas pechouse cunha actuación musical de Andrés Rodríguez Boutureira.