A rede de bibliotecas municipais de Oleiros, que acaba de ser premiada de novo co María Moliner pola súa actividade de dinamización da cultura, quixo conmemorar o Día Internacional contra as Violencias Machistas cunha exposición de libros de 16 mulleres que foron Premio Nobel de Literatura.

Esta mostra bibliográfica empeza coa última premio Nobel, a poeta Louise Glück que foi galardoada este ano. Outras autoras tamén dispoñibles son Olga Tokarczuk, Selma Lagerlöf, Sigrid Undset, Toni Morrison, Nadine Gordimer, Doris Lessin, Alice Munro, Herta Müller ou Wislawa Szymborska. As responsables das bibliotecas oleirenses queren, con esta mostra, “denunciar a invisibilización da muller na literatura e rendir unha máis que merecedia homenaxe” a estas 16 mulleres.

A biblioteca Rialeda segue celebrando as súas tertulias literarias, pero agora de forma virtual. Onte debatiron sobre Vestido de novia, de Pierre Lemaitre.