A enxeñeira de montes Beatriz Rodríguez-Morales, que fixo a súa tese doutoral sobre a percepción social dos servizos ecosistémicos dos montes comunais no noroeste español, dará unha conferencia hoxe sobre o monte Xalo, organizada polo Grupo Hábitat, que a emitirá en directo nas súas canles de YouTube, Facebook e Twitter. A especialista analizará os aspectos positivos do mancomún no Xalo.

Como perciben o monte Xalo a sociedade en xeral, os visitantes e os propietarios?

En xeral, a sociedade percíbeo como un lugar importante, de provisión de servizos ecosistémicos, beneficios da natureza á sociedade. É un lugar apreciado por visitantes e propietarios, aínda que por razóns distintas; as mismas pero con matices. Con máis enfase dos visitantes na parte de ir facer deporte nun monte periurbano, actividades recreativas e deportivas. A poboación local tamén aprecia iso, pero tamén outro tipo de servizos, como a provisión de agua potable. Hai que ter en conta que o Xalo é considerado importante non só a nivel local senon tamén rexional. E un punto quente da provisión de servizos ecosistémicos.

Analiza a perspectiva social, participativa e de xénero.

O estudo desde o principio tivo vocación de participación pública, porque analiza a percepción social, qué opina a xente. Fixéronse enquisas, despois entrevistas máis en profundidade a persoas que están máis directamente relacionadas co monte, coa súa xestión.

E que descubriu?

Atopamos que había unha menor participación feminina nas enquiasas e un menor grao de representación nas institucións por parte das mulleres na parte das entrevistas. E por ese motivo houbo unha terceira pata do estudo que foi máis centrada en aplicar perspectiva de xénero e intentar recopilar perspectiva das mulleres. É importante que participen tanto homes como mulleres, aplicar as cualidades que ten todo o mundo.

Qué conclúe do estudo?

Hai moitas conclusións. Que o Xalo é un lugar apreciado, que os beneficios non materiais do monte, que se coñecen como culturais, tiveron moita importancia. Saíron moitas cousas de valor intanxible, do que o monte reporta á xente. E se a xente considera importantes estas cuestións non materiais, isto ten que ter consecuencias no planeamento rural e nos instrumentos de xestión e ordenación do monte que se fagan.

Que consecuencias ten que ter?

Favorecer unha xestión multifuncional do monte, non soamente produtiva. Aí entra en xogo por un lado que as comunidades de montes poden decidir e, por outro, o apoio institucional necesario. Outra das cousas importantes é o recoñecemento da propiedade veciñal, comunal, que debería ter máis apoio institucional e recoñecemento social. Os visitantes do monte tampouco sabían que no Xalo hai dúas comunidades de montes que están xestionando e gastando recursos e non están tendo ningún tipo de apoio cando dan un servizo social moi grande.

Por que?

Porque a xente o vai disfrutar, pero quen se encarga de xestionalo, mantelo?

Todo o monte?

Non, o monte Xalo é unha unidade que non está especificada, digamos que é un concepto amplo, non ten delmintación física concreta. As comunidades de montes son de Culleredo, de Santiago de Castelo e Santa María de Celas. Esas dúas parroquias sí que teñen delimitado o monte veciñal.

Para non iniciados, en qué consiste a labor destas comunidades?

Custodiar o territorio, en decidir qué é o que se fai con el, qué uso se lle da. Actualmente ten sobre todo vocación forestal, pero no pasado tiña sobre todo vocación agrogandeira. Se se plantan eucaliptos ou castiñeiros, manter as pistas en bo estado, transitables, sinalizadas... Un montón de cousas.

Que demandas traslada e que propostas faría ante as institucións?

Hai moitos apectos. O principal como demanda sería esa visibilización e recoñecemento da figura dos montes veciñais na sociedade, que se coñeza a figura, hai casi 3.000 comunidades de montes veciñais en Galiza, o 20% do territorio. Deberían ter recoñecemento social e institucional e axudas directas.