O Bloque de Sada considera “unha inmoralidade” que o Goberno central non recurra a sentenza do pazo de Meirás emitida pola Audiencia Provincial, ao entender que “volve a blanquear o franquismo” nun momento no que se “conseguira rachar co relato fabricado polo réxime sobre a historia” deste Ben de Interese Cultural (BIC).

O BNG califica de inmoral a actitude do Partido Socialista e tamén o feito de que “non explique por que acepta unha sentenza que di que Franco e os sucesores posuíron de boa fe o pazo de Meirás”.

Os nacionalistas destacan que “atribuír boa fe a Franco e aos seus herdeiros é aceptar o repago do pazo” e para iso “non traballaron nin a sociedade civil nin as institucións que iniciaron a loita pola súa recuperación para o patrimonio público. Opinan que a resolución xudicial da Audiencia “é un insulto a todas as persoas que durante tantos anos traballaron para cambiar ese relato fraudulento”.

O partido cre que a sentenza debe ter unha “resposta contundente da sociedade civil e das institucións democráticas par forzar ao PSOE a que pida á Avogacía do Estado que rectifique e presente o recurso” e estar “á altura das circunstancias”.

A formación advirte que iniciará todas accións necesarias no Parlamento galego e nas Cortes do Estado, ademais de levar unha moción ao pleno deste xoves, e pide que se reúna a Xunta Pro Devolución do Pazo.