O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, volveu a denunciar unha nova tala de arboredo “sen licenza e a matarrasa, destrozando os camiños e sen premisos”. O Concello, coñecedor de quen é o madeireiro que está a facer este tipo de cortas, anunciou que se vai procurar impoñerlle as multas más elevadas que permita a normativa.

“Esa persoa ten moito peito, pero ímoslllo medir”, advertiu onte García Seoane, quen sinalou que gran parte da costa de Maianca “está sendo arrasada” con unha proliferación de talas. Respecto a estas cortas, sinalou que é o madeireiro o que ten que pedir a licenza municipal e non o particular. E sobre esta morea de talas de madeira que están a producirse sinalou que se lle “van parar os pés”.

“Neste concello pódese talar arboredo pero con orden, isto non é o Oeste, aquí hay sheriff”, destacou Seoane, que lembrou que ademais da licenza da Xunta é necesario contar cunha autorización municipal para facer estas talas. O Concello ademais ten unha normativa específica para as talas.

Novos ataques nos parques

O rexedor denunciou tamén novos danos por ataques dos xabariles en Bastiagueiro, tanto no parque público arredor da praia coma nas zonas verdes á beira de Che Guevara e incluso no novo parque de As Trece Rosas. Por eso reclamou de novo á Xunta “que autorice batidas” nesta zona.

Seoane asegurou que o gasto do Concello para arranxar este danos está sendo “moi grande” e afirmou que a Xunta terá que pagarllos.