A cantante e compositora galega Carolina Rubirosa, autora da canción oficial de promoción do Camiño Inglés de Santiago e unha das autoras de maior proxección do momento (compartiu escenario con Miguel Ríos, Andrés Calamaro ou Coque Malla), dará un concerto hoxe en A Fábrica de Perillo ás 19.30 horas. A entrada custa 2,50 euros.