O Concello convoca o Primeiro Premio TikTok Concello de Oleiros dirixido aos rapaces e rapazas da ESO e Bacharelato escolarizados no municipio, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística. Serán tres categorías: primeiro e segundo de ESO, terceiro e cuarto de ESO e primeiro e segundo de Bacharelato. Teñen que ser vídeos propios, feitos con TikTok, en galego, coa literatura galega como tema e cun minuto máximo de duración. A inscrición abre mañá ata o 26 de abril. Haberá seis premios, dous por categoría, que serán unha pulseira intelixente e uns auriculares sen fíos.