O Concelllo de Oleiros felicitou ao colectivo dos que foron estudantes do instituto Neira Vilas e ao seu profesor Alberto Pombo polo traballo feito na plataforma Galeguiza-T, que foi galardonada no II Premio Mil Primaveras como mellor proxecto novo.

O xurado salientou que fose unha iniciativa creada dende e para a mocidade e buscase a implicación de alumnos de outros centros, ademais de apreciar a modernidade, metodoloxía e calidade comunicativa do proxecto.