As sesións de contacontos da rede de bibliotecas municipais de Oleiros seguen coas súas sesións presenciais ás 18.30 horas, pero como agora o aforo é limitado polas restricións sanitarias, para que ninguén quede fóra tamén pode optar por velas a través de internet no canal de YouTube das bibliotecas.

Nesta plataforma cólganse todas as sesións ao día seguinte á mesma hora, e están accesibles durante corenta e oito horas. O pasado luns por exemplo estivo Trémola Teatro na biblioteca María José Ruso de Dorneda. Mañá haberá contos na biblioteca Rialeda de Perillo.

Para asistir ás sesións presenciais é necesario reservar praza no teléfono 981 626 638.