O Servizo de Normalización Lingüística de Oleiros organiza un Obradoiro de Creación Literaria a partir da obra de Xela Arias, titulado Neste lenzo imaxinado e suxestivo. Será impartido pola escritora Antía Otero todos os martes: o 27 de abril así como o 4, 11 e 18 de maio, en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Nesta actividade, deseñada polo colectivo Apiario para o Concello, converxen o descubrimento do poético a través da lectura activa da obra de Arias, e o comentario colectivo sí como as propostas prácticas para a escrita.

O cursiño centrarase nas ferramentas concretas que axudan a escribir, pero tamén afondarán na capacidade lectora e crítica. Os interesados poden informarse no enderezo lingua@oleiros.org.