O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) xa ten as Maletas Mariñeiras, novos lotes de libros que ofrece en préstamo aos centros educativos, para Primaria e Secundaria.

Estas maletas forman parte do programa Para unha transición ecolóxica, que desenvolve o Ceida co apoio da Deputación, para cumprir cun dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, o referido á vida submariña, para conservar os océanos e os recursos mariños.

A finalidade destas Maletas Mariñeiras é fomentar o coñecemento dos océanos entre os estudantes, afondar nas actuais problemáticas ambientais que ameazan a súa conservación, como a emerxencia climática ou o lixo mariño.