Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello da Laracha realizará un certame de marcapáxinas no que se convida a participar a todos os nenos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. Poden presentarse ata o 14 de maio en calquera das bibliotecas municipais (A Laracha, Paiosaco e Caión).