A organización do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo anuncia os finalistas da edición deste ano e xa prepara a cerimonia de entrega de premios, que se celebrará o próximo 14 de maio ás 20.00 horas no Centro Cívico e Cultural de Arteixo. Os traballos finalistas son A caverna de Lara, As orfas daquel verán e Xanelas.

De todos os relatos recibidos, un total de 70 foron admitidos a concurso por cumpriren as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 euros para o primeiro, 2000 para o segundo e 1000 para o terceiro. Aumentan, por tanto, o segundo premio en 500 euros e o terceiro en 400 euros, según explica o Concello.

O acto de entrega contará coa actuación musical de Xurxo Souto, quen ademais conducirá o acto. O evento incluirá tamén unha lembranza da figura de Xela Arias, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Previamente inaugurase o Paseo das Letras, unha homenaxe a todos as persoas gañadoras destes 30 anos de galardón mediante a súa propia placa conmemorativa. Tamén será plantada unha árbore. Por outra parte, aquelas personas que acudan ao evento poderán desfrutar dunha escultura de Dores Polo e Benito Freire situada perante a fachada do Centro Cívico Cultural de Arteixo, que foi instalada o pasado 13 de novembro de 2020 co gallo do 30 aniversario do Certame de narracións breves Manuel Murguía.

A organización agradece as colaboracións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Crítica para a constitución do xurado.