O Concello de Curtis entregou 1.096 libros a mozos de entre 3 e 17 anos dos colexios e instituto de Curtis e Teixeiro polo Día das Letras Galegas. Os libros que se entregan son unha compilación de relatos do certame que convoca o Concello e o outro é un do Centro de Información á Muller sobre a traxectoria de catorce mulleres do municipio. O Goberno local tamén donou doce libros ás bibliotecas dos tres centros educativos coas principais novidades literarias.