María Aránzazu Portabales Santomé, coa súa obra Xanelas, foi a gañadora do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo. Onte celebrouse o acto de entrega de premios no centro cívico de Arteixo. En segundo lugar quedou Gabriel Gómez Estévez, con A caverna de Lara, e Cecilia Fernández Santomé, con As orfas daquel verán, obtivo o terceiro posto.

Un total de 70 traballos foron admitidos a concurso por cumpriren as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 euros para o primeiro, 2.000 para o segundo e 1.000 para o terceiro. O acto de entrega contou coa actuación musical de Xurxo Souto.

Acto de entrega de premios do Manuel Murguía Víctor Echave

Previamente inaugurouse o Paseo das Letras, unha homenaxe a todos as persoas gañadoras destes 30 anos de galardón mediante a súa propia placa conmemorativa. Tamén será plantada unha árbore. Por outra parte, aquelas personas que acudan ao evento poderán desfrutar dunha escultura de Dores Polo e Benito Freire situada perante a fachada do Centro Cívico Cultural de Arteixo, que foi instalada o pasado 13 de novembro de 2020 co gallo do 30 aniversario do Certame de narracións breves Manuel Murguía.

A organización agradeceu as colaboracións da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Crítica para a constitución do xurado.

Acto de entrega de premios do Manuel Murguía Víctor Echave