Non ó peche de aulas. Máis aulas, menos Covid, é un dos lemas que elixiron nais e pais de alumnos do colexio Pedro Barrié de la Maza en Mondego (Sada) para protestar polo peche de liñas de cara ao próximo curso escolar. Ademais da pancarta que exhibiron na concentración o pasado venres diante do centro educativo, iniciaron unha campaña en redes sociais. A Xunta xa indicou que a decisión de xuntar alumnos de dúas aulas débese á reducción de matrícula pero os proxenitores queren manter as aulas para reducir a ratio tamén por cuestión de seguridade sanitaria e poder manter a distancia. A pancarta quedou pendurada do peche do colexio. O próximo 16 de agosto farán outra mobilización