Memoria para Fernández Casas
O mestre e escritor laico e galeguista será lembrado hoxe en Nós

Rafael Fernández Casas. | // L. O. / Redacción
Redacción
“Mataron a unha persoa que adicou a súa vida enteira á mellora de Galicia”, reivindica a Rafael Fernández Casas o escrito co que o BNG de Oleiros explica a decisión de honrar este ano ao docente e xornalista “innovador, laico e e galeguista” no Día da Galiza Mártir. “O dos mestres e mestras foi un colectivo moi castigado naqueles tempos terribles. Homes e mulleres, detidos, torturados cruelmente, fusilados e abandonados os seus corpos nas cunetas. O caso de Rafael Fernández, foi un dos moitos”, engade.
A Praza da Liberdade de Nós será acollerá hoxe, ás 20.30 horas, a homenaxe e lembranza á figura e o legado de Fernández Casas. Nacido en Bos Aires en 1901, chegou a Galicia co seu irmán Manuel e coa súa nai, que non tivo medios cos que manter aos rapaces, polo que Rafael ingresou no hospicio en Santiago. Sairía da esclusa aos 16 anos e, tras estudar Maxisterio, tomou posesión como mestre en San Adrián, en Ortigueira, aos 23 anos, e despois exercería na escola de Souto, en Carnoedo. Pronto amosou a súa inquedanza pola renovación pedagóxica e a galeguización do ensino. Foi xulgado na ditadura de Primo de Rivera por tentar converter unha escola nun centro sociocultural, mais saiu absolto.
Foi activo colaborador de varios xornais e das Irmandades da Fala e foi cofundador do Ateneo de Cultura Política e Social de Sada. Foi detido o 29 de agosto de 1936 ante a súa muller Melisendra e o seu fillo Orientado. O seu corpo apareceu nunha gabia de Trasanquelos, Betanzos. Non se sabe dos seus restos.
- Los vecinos de Seixo Branco, en Oleiros, obligados a pedir vados para evitar problemas en verano
- Nueva superficie comercial en Oleiros: Arranca la construcción del Lidl de Bastiagueiro
- Diego Maceiras, dueño del único supermercado de Caión: 'Hemos sobrevivido 50 años gracias al verano
- Cascadas y mansiones a un paso de A Coruña: esto cuesta vivir en una urbanización de lujo cerca de la ciudad
- La Asociación de Jubilados y Pensionistas de Arteixo cumple 25 años con más de 500 socios: 'La unión hace la fuerza
- A Laracha da luz verde a la construcción de una nueva nave en el polígono industrial
- Cuatro detenidos en una operación antidroga en Sada y Bergondo
- El Concello y Gadisa firman el convenio para el súper de Costa Miño Golf