O BNG lembrou onte na Praza da Liberdade de Nós en Oleiros, un ano máis, o Día da Galiza Mártir, coa tradicional ofrenda floral. Este ano centráronse na figura do mestre Rafael Fernández Casas, fundador entre outros do Ateneo de Cultura Política e Social de Sada (1935), polo que pasaron conferenciantes coma Otero Pedraio ou Suárez Picallo. Este galeguista, colaborador de varios xornais e editor do libro Loita, foi detido na súa casa en Carnoedo en 1936 e paseado, aparecendo o seu corpo nunha gabia de Trasanquelos (Vilasantar).