O Coro de Oleiros, en colaboración co Concello, organiza para este sábado día 18 un Concerto de Corais do municipio no que participarán, xunto ao organizador, a coral Fonte do Souto de Culleredo, Ariños de Nós, a polifónica Lembranzas de Santa Cruz e a polifónica de Mera. A actuación comezará ás 19.30 horas e a entrada é libre ata completar o aforo establecido.