A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza un Obradoiro de Creación Literaria gratuíto, que impartirá a escritora Antía Yáñez no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo en Os Regos (Oleiros) a partir de outubro a decembro. Creador@s do mundo que apañamos é o título do obradoiro que impulsa a Escola de Escritores da AELG. Haberá tamén unha sesión maxistral coa escritora e vicepresidenta da AELG Anna Figueiredo. Serán oito sesións de hora e media cada unha, os sábados de 11.30 a 13.30 horas.

As clases serán o 16 e 23 de outubro; o 6,13,20 e 27 de novembro; e o 11 e 18 de decembro. Hai vinte prazas para maiores de 18 anos que se adxudicarán por orde de solicitude. A inscrición pode facerse por internet: oficina@aelg.org.