O programa Apego de fomento da transmisión do galego como lingua nai dende as idades máis temperás, volve o próximo domingo día 17 ao centro cultural de A Fábrica en Perillo. O espectáculo Estrafalaria de Xarope Tulú, cun concerto de Uxía a Lambona e a Banda Molona comezará ao mediodía dirixido ás crianzas maiores de tres anos, e con preferencia para os inscritos neste programa.

Esta representación amosrá clásicos populares galegos pero con un toque rokeiro e rapeado. A inscrición haberá que facela a partir do día 13.

O Concello de Oleiros tamén programou, dentro da oferta cultural, unha representación teatral no auditoiro de Mera para o sábado día 16 ás 20.30 horas. Esta peza represéntase dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Os Náufragos Teatro representará Pura, obra escrita e dirixida por Gustavo del Río e que falta dos nosos maiores. As entradas custan 3,5 euros.