A asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do colexio Juana de Vega de Nós organiza para o próximo día 22 de este mes a terceira edición da súa Carreira Solidaria contra a Leucemia Infantil. O obxectivo da iniciativa, ao igual que outros anos, é recadar fondos para un proxecto de investigación contra a leucemia infantil.

Na carreira participarán alumnos, persoal do centro e familias, que darán unha volta ao redor do recinto escolar, con saída ás once de mañá. A aportación mínima de cada participante é de un euro aínda que se poden poñer máis cartos.

Esta carreira solidaria faise seguindo a iniciativa Unoentrecienmil, que tamén farán outros trescentos colexios de España.