Regresa unha das festas gastronómicas máis populares da comarca, a da Centola de Lorbé, agora en formato de Xornadas Gastronómicas. Festexaráse o segundo fin de semana de novembro, os días 13 e 14, en horario de 12.00 a 18.00 no porto de Lorbé.

A Cofradía de Pescadores de Lorbé que organiza esta cita sinala que os que non queiran participar nas xornadas tamén poderán coller centolas para levar para casa, ao igual que outros anos. A pandemia obrigou a suspender a festa o ano pasado, ao igual que todos os eventos similares, pero coa relaxación das medidas sanitarias están volvendo a organizarse eventos.

En Oleiros, ademais desta festa gastronómica,que será a primeira que se retome dende a crise sanitaria, tamén se recupera o festival de música Rockanroleiros, que se celebra dende onte ata hoxe no polideportivo de Meixonfrío. Actuarán oito grupos, sete locais e unha banda invitada, The Soul Jacket, de Vigo.