A veciña de San Marcos María Dolores Suárez celebra 100 anos de vida. “Traballar moito; os que están sentados e non fan nada non chegan a estes anos”, resume Lola a súa receita da lonxevidade. Mantén a súa mente e corpo activos a través dos crucigramas e do traballo na terra “toda a vida”. “Meu pai morreu cando eu era unha nena e tiven que traballar de nova, primeiro coas vacas e despois no campo. Hoxe aínda cultivo algúns repolos e pementos”, conta María Dolores, que antes da pandemia ía a obradoiros de memoria. O alcalde e a edila de Sanidade felicitárona con flores e unha placa.