Participara antes en movementos veciñais deste tipo?

Nada, a miña vida activa acabara na universidade, en Veterinarios sin Fronteras. Pero nada máis que iso. Foi a miña actividade social. E aquí, son secretaria do monte veciñal mancomún, pero iso non era activismo, é colaborar cos veciños.

Como se enterou dos proxectos eólicos que se pretenden facer e comezou a involucrarse en contra?

Foi por ser secretaria do monte veciñal mancomún da zona, porque xusto antes de marzo de 2019, da pandemia, viñeron a ofrecernos o caramelo envelenado. E nós picamos.

Que era?

Nove eólicos entre dous parques e unha liña subterránea. Non sabíamos as dimensións, pensamos que serían como os que hai xa. Monte temos dabondo, pensamos: “¡Qué sorte tivemos! Ofrecían 70.000 euros para a comunidade de montes.

E aceptastes?

Non. Estudamos a historia. Chegamos a aprobar en asemblea e a respostar cunha proposta que eles non chegaron a contestar, polo que quedou anulada aos tres meses.O detonante que nos puxo en órbita foi a vosa noticia dos dez eólicos de Collazo, nas Brañas do Deo. Ao final son seis parques pequenos na zona do Monte do Gato, un macroparque que fraccionaron. Cando saiu no voso periódico pensamos que era un erro. Empezamos a mirar e vimos que había algo máis. Un representante de Greenalia empezaba a visitar aos veciños e a falar de liñas de alta tensión non soterradas e cruzaban aldea por todos os lados.

E comezastes a movervos.

A noticia foi a finais de novembro e antes dos festivos de Nadal xa estábamos reunidos. Na zona de Ordes xa se movían, tiñan unha plataforma, e fun e empezaron a explicarme de qué ía o tema. Convocamos una reunión informativa no atrio da capilla de San Salvador de Fervenzas.

Foi moita xente á asemblea?

Nada, poucos, porque estaba todo empezando, e era todo moi estricto con todo o da pandemia. Fomos seis ou sete e o abogado dos de Ordes empezou a explicar. Dun dos parques xa acabara o plazo de alegacións e ninguén se enterara. Outro acababa o día de Fin de Ano e estábamos a 18 ou 19, todo así. E do que firmáramos nós non estababa publicado, era un engano moi grande porque veñen ofrecer dando por pechados os proxectos como que só falta a obra, e nin estaban no DOG.

E sácanos antes de ter as terras.

Sí, si van xa dicindo que teñen as terras, teñen máis posibilidades de que a Xunta tire para adiante. Os afectados é na Declaración de Impacto Ambiental (DIA). E si se aproban alegacións, hai que comunicar aos afectados. Nos que saen polo Ministerio non está informada a xente, nos que saen pola Consellería, sí.

É un proceso complicado buscar documentación, entender…

No proceso de información pública aproveitan para declarar de utilidade pública e pronta e urxente ocupación, baseándose na lei do 1952, de cando se expropiou para as hidroelécticas. E daquela tiña sentido porque era para electrificar España, pero agora aproveitan as eléctricas para vender a luz para fóra. Non ten utilidade pública ningunha.

E de repente, bucear en papeis, intentar enterarse, comprender...

Esa sensación de colapso, o abogado explicábame… é unha de documentación e de información da que non tes nin idea. Para min Monte do Gato era especial, pero non sabía nin que había mámoas… e veña poñerte ao día, “¿qué son as tubertas altas?” E todo así. Hai moita axuda dos que xa estaban.

De entes públicos hai axuda?

Nada. A primeira fase foi una pelea auténtica co Concello de Aranga. De proxectos de 120 millóns de euros que ían supoñer o 3% de liciencia de obra e chegar alí e que che digan que non saben nada.. Pero como non ían saber? Aí tivemos que aprender en qué consiste o proceso administrativo dun proxecto. E o truco granede era non informar á xente. Que pasara a declaración para expropiación e utilidade pública e, si se decara, iso sí que é difícil de botar atrás. Eu poño en dúbida que os concellos tiveran clara a dimensión do tema. Ao mellor non, como nos pasou a nós. Pero dábano por bó e non se pararon a mirar. E si eu, non sendo nada disto me puxen un mes e empecei a ver de qué ía, eles que teñen técnicos,como non se puxeron a ver de qué se trataban semellantes proxectos? Firmaron que daban o visto bo ao trámite ambiental. Descubrimos que o Concello de Aranga firmara os estudios de impacto ambiental a un dos montes cinco días despois da declaración do estado de alarma. Todo cadrou nesa época, casualmente… Ves iso e pensas que se venderon e mentiron como cosacos, claro.

Cre iso a día de hoxe?

Sí. O único que poño en dúbida é que foran conscientes da dimensión. A burrada de megavatios. Había prevista sobre a zona unha telaraña entre Meirama e As Pontes e a nós nos pilla no medio, que é territorio de sacrificio. Ves claramente que estes proxectos necesitan moito territorio e foron en busca de territorios baratos e rural baleiro. Buscas e non é casualidade que sexa en Teruel, o rural baleiro de Castela e León, o baleiro de Galicia... E aparte os fondos Next Genetarion aínda fixeron que isto se acelerara máis, pero estes proxectos enxaixaban perfectamente, e empezou a guerra entre as empresas. En Xermade hai algún sitio en que hai tres parques proxectados por distintas empresas na misma zona.

Agora a veciñanza está informada ou aínda falta?

Aínda falta moito. Centrámonos primeiro nas alegacións e os medios. Esa pelea entre eólicos de Galicia e do Ministerio... Aquí informan en negativo aos do Ministerio para que saian adiante os de Galicia, e que informen en contra non quere dicir que non se fagan. E informan en negativo nos que non tramitan eles. Non hai un informe negativo da Xunta a un parque tarmitado pola Consellería. Hai que explicarlle á xente. Estamos empezando a entender nós. Iso me dicían as plataformas. Todos queríamos a clave para acabar con isto xa. Non hai. É poñer pedras no camiño, que é longo, e agora entendo. E iso nos toca transmitir aos veciños, ás cidades e aldeas. A Coruña bebe do Monte Xalo. Pois toda esa zona está ameazada por un proxceto eólico. E de Monte do Gato sae a auga para abastecer Betanzos. Imos facer divulgación a nivel de vilas.

Que riscos hai para a agua?

Cárganse os nacementos dos ríos coa cimentación que precisan eses muiños, que son como rascaceos.

Estase a tempo de parar isto?

Sí, claro. E os Next Generation meteron un acelerón, pero isto leva 8 ou 10 anos. E fixeron unha trampa. A señora que declarou a Reserva de Biosfera está agora en Greenalia e paralizaron a aprobación da Rede Natura na zona, que é a única prohibición expresa da lei: non se pode poñer un parque eólico en Rede Natura.