Arredor de quince nenas e nenos entre 4 e 8 anos participaron no obradoiro infantil para aprender a facer pan que tivo lugar no Museo dos Muíños de Golmar (A Laracha) o pasado sábado. O alumnado visitou o museo para coñecer a historia, xeografía, arquitectura, tradición e o tempo no que se utilizaban os muíños, viron un vídeo explicativo e logo amasaron e coceron os seus bolos.