Alternativa dos Veciños anunciou que vai convocar unha concentración a próxima semana para impedir que o Goberno municipal de Arteixo venda as parcelas onde se atopa o campo de fútbol municipal de Oseiro. O partido pensa que o Concello “non pode prescindir” destas instalacións deportivas e tampouco “quedar sen solo municipal”. Alternativa lembra que os terreos foron cedidos pola Deputación a Arteixo, pero cunhas condicións e obrigas durante trinta anos, que van a estudar agora por se se produce un “pelotazo urbanístico”.