Os próximos 28 e 29 deste mes vanse desenvolver nas Casas da Mocidade de Oleiros unhas xornadas tituladas O amor non é a hostia, dirixidas a construír un espazo de reflexión crítica sobre os vínculos amorosos e a violencia de xénero e fomentar as relacións baseadas na igualdade, o respecto e a responsabilidade.

Outros temas que se debaterán nestas sesións son o concepto de violencia de xénero e os indicadores de control e posesión, o desenvolvemento do autocoñecemento e a autoxesión das emoción na parella.

As xornadas serán o venres 28 de 17.00 a 20.00 e o sábado 29 de 10.00 a 13.00 e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas. Pódese facer a inscripción na páxina web das Casas da Mocidade ou presencialmente nos dous centros en Santa Cruz e Montrove.

Estes centros de mocidade tamén organizan un Obradoiro de Tex Mex o próximo sábado día 22 ás 17.30 horas en Portaberta. Cociñaránse varios pratos mexicanos.