Por que opta á reelección como secretario xeral da agrupación socialista de Arteixo?

Crin que o raozable unha vez iniciado o meu proxecto era continuar outros catro anos e consolidalo. Esa foi basicamente a motivación de volver a presentarme. Simplemente darlle continuidade ao proxecto que leva encabezando catro anos, con máis forza se cabe desde que asumín a portavocía.

Chegou ao cargo de secretario xeral en febreiro de 2018, como califica o seu traballo desde entón?

Foi un traballo duro, complicado e complexo, sobre todo porque houbo bastantes procesos electorais, con repeticións e con aprazamentos debido ao tema do COVID. O tema do COVID marcou moitísimo.

Cite un obxectivo que teña logrado e un que todavía esté pendente.

O obxectivo que logrei foi mellorar os resultados en cada unha das citas electorais no que a Arteixo se refire, tanto nas municipais, xerais e as autonómicas. O obxectivo pendente segue sendo, xa o dixen noutras veces, o tema da comunicación tanto externa, sobre todo, e tamén interna. Comunicación coa sociedade e tamén comunicación con xente que milite e que simpatice con nós.

Que está pasando co tema da comunicación?

Como partido socialista cóstanos chegar á sociedade máis que outros partidos, temos o mellor proxecto e temos que traballar máis en transmitilo.

En 2020 dicía que a agrupación está totalmente unida. ¿Esta situación mantense agora?

Non hai ningún problema de unidade dentro da agrupación. Hai dúas sensibilidades distintas en canto a este proceso concreto, pero teño claro que todos somos compañeiros e que todos nos levamos ben.

Como ve ao seu rival, Martín Seco?

Martín é unha persoa supertraballadora e que está nun nivel moi alto na política. Está facendo un traballo moi bo no parlamento galego, tratanto problemas xerais como problemas específicos de Arteixo.

E como que agora xurdiron estas dúas candidaturas se fala de que a agrupación está unida?

Pois eu entendo que neste caso Martín quere recuperar o seu protagonismo en Arteixo, tanto en ámbito interno e eu creo que debo continuar eu co proxecto.

A que se refire cando fala de protagonismo?

El estivo como secretario xeral, encabezou a executiva desde 2012 ata xaneiro de 2018 e entendo que quere revalidar o posto agora. A única diferenza é que no medio estiven eu, que quero continuar.