O primeiro Entroido case na normalidade de antes da pandemia encheu totalmente o polideportivo da Segunda República en Perillo. Este ano o alcalde non protagonizou o seu tradicional teatrillo e preferiu formar parte do xurado do concurso de disfraces que nesta edición estivo moi traballado, con impresionantes disfraces de robots, extraterrestres e monstros de gran elaboración, xunto a outros de incrible recreación como personaxes de contos e tamén de películas cunha Eduardo Manostijeras que chamou a atención. Non faltaron referencias á actualidade, coma ao exlíder do PP Pablo Casado. Houbo grupos, como o do radar de Tráfico, que xa participaran no Entroido de A Coruña.

O Entroido regresa con forza e enche o polideportivo cun alcalde no xurado do concurso