O programa Apego, ideado por Servizos de Normalización Lingüística de varios Concellos para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua nai, segue a vindeira fin de semana con actividades no municipio de Oleiros. Será unha festa de contos con Iria Pinheiro, dirixida a nenos e nenas maiores de tres anos. A actividade está programada para este domingo día 20 ás doce do mediodía no auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo. As familias interesadas en acudir poden facer a preinscripción a través da páxina web municipal.