Tres espectáculos culturais dirixidos a nenos e nenas do municipio entre os 2 e os 6 anos, conforman o programa da Festa da Lingua organizada polo Concello de Oleiros para o vindeiro sábado día 7 de maio en As Torres de Santa Cruz.

A actividade comezará ás 12.30 horas con Contos Musicados de Lydia Botana. Pola tarde, ás 17.00 horas, continuará Paporroibo con Variétes do Animalario e rematará ás 18.30 horas coa Música das Buguinas de Mamá Cabra e Bellón e Maceiras. A inscripción é a través da web.