O Concello de Oleiros programou para o vindeiro martes 17 de maio, o Día das Letras Galegas, a representación da obra A parábola do Angazo, da compañía Talía Teatro.

A representación será ás 20.00 horas no auditorio Gabriel García Márquez. Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco desta obra dirixida por Diego Rey.

A entrada para ver esta obra é gratuíta pero requiere coller unha invitación, que se entregará no auditorio dende unha hora antes de comezar o espectáculo.

A parábola do angazo é unha obra de teatro que destaca as particularidades da lingua galega e defende o seu uso para que non se esqueza.