O Concello de Cambre, que en xaneiro anunciara que ía reformar a rúa María Mariño no Temple, xa sacou a obra a licitación por 124.479 euros (ten investimento provincial). Agora os accesos a baixos, vivendas e garaxes desta rúa están a diferentes alturas, xerando problemas de accesibilidade e mobilidade na marxe esquerda. O firme e as beirarrúas tamén están deterioradas. A obra suporá a renovación do asfalto e beirarrúas, alumeado de canalizacións e adaptación do paso de peóns.