Carlos Bau ofrecerá hoxe, Día das Letras Galegas, un concerto no palco da música de Betanzos as 13.00 horas. O músico coruñés será o encargado de abrir o ciclo de concertos que programa o Concello na praza Irmáns García Naveira, no emblemático palco deseñado por Rafael González Villar.

Pepe Piña actuará o 22 de maio as 13.00 horas e o día 29 será o turno de Cristian Leggiero y Paty Lesta, tamén as 13.00 horas.