A Garda Civil investiga as circunstancias que rodearon a desaparición dunha menor de dez anos de Bergondo na tarde do domingo. A nena foi localizada en bo estado no cemiterio de Ouces onte o mediodía, pero os axentes do instituto armado continúan coas indagacións por petición expresa do pai, que reclama unha investigación que aclare o sucedido.

A alarma saltou a tarde do pasado domingo. Por volta das oito da tarde a nai denunciou a desaparición da menor, que pasaba a fin de semana con ela e que, supostamente, deixara escrita unha carta.

A Garda Civil activou un dispositivo de búsqueda no que colaboraron Protección Civil e Policía Local de Bergondo e Sada. Unha veciña deu coa nena ao redor das 11.30 en perfecto estado. A pequena foi trasladada ao cuartel, onde se atopaba o pai, ao que lle foi recoñecida a custodia, e que reclamou publicamente que se investigase o sucedido.