Sada celebra hoxe o Día das Letras Galegas cun festival de teatro, música e danza na praza Irmáns Suárez Picallo a partir das 12.00 horas. A Escola Municipal de Teatro de Sada interpretará Flores para Florencio e a Banda Municipal de Música ofrecerá o Concerto das Letras Galegas xunto coa asociación Queiroa. Nova Troula percorrerá as rúas de Sada co grupo de canto e música.

O Concello programa tamén un contacontos centrado na obra e vida de Florencio Delgado Gurriagán para nenos de seis a dez anos.