A xornada Os certames de poesía como motores dunha literatura propia, organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Cambre, celebrarase hoxe xoves na Casa da Cultura de Carral. Con esta actividade búscase reunir a editorais, entidades que convocan certamenes e autores e autoras gañadores de premios de poesía en Galicia.

O programa comezará ás 10.30 coa presentación do estudo Os certames de poesía en Galicia: unha análise das convocatorias actuais, do técnico de Cultura de Carral. Haberá dúas mesas redondas ás 11.30 e ás 13.00 horas. Pola tarde presentaranse os premios de Carral e o González Garcés e despois haberá unha conferencia da poeta Yolanda Castaño. Despois doutro debate, actuará Xoán Curiel.