Este mércores, 15 de xuño de 2022, Betanzos despertou coa peor das noticias. Noel, despois de tantos anos de loita contra o maldito meduloblastoma, morría con só 15 aniños.

Pero a súa loita non foi en van, aínda que a moitos e moitas llelo poida parecer. Noel conseguiu aunar en torno ao seu corpiño de neno tímido e sinxelo, non só a todos os veciños e veciñas de Betanzos, senón de toda a contorna, para acadar nuns meses máis de 300.000 euros para un ensaio clínico que poderá axudar e salvar a centos de nenos e nenas. El non puido chegar a tempo para si mesmo, pero si para os demais. Pode haber un xesto máis xeneroso?

Nunca esquecerei a mirada de Noel despois dunha andaina organizada para recaudar fondos para o ensaio clínico. Era a mirada dun neno tímido, dun neno canso, pero tamén a mirada dun neno agradecido e que non se rendía. E unha mirada de amor infinito á súa nai, Sonia, moito máis que unha nai, se eso é posible; un exemplo para todos e todas de entrega, de esforzo, de amor, de discreción…

Nunca te esqueceremos, Noel, deixas unha pegada infinita en Betanzos. Que descanses.