O proxecto da Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural (EspadELA), financiado integramente pola Deputación, chega ao concello de Carral para ofertar varias sesións formativas en outubro.

Serán tres liñas formativas: Con voz propia, un obradoiro sobre autoestima e prevención de violencias machistas; Habitando o noso corpo, para tratar o autocoñecemento e o autocoidado; e Os nosos saberes, sobre experiencias nos seus traballos. Os encontros serán os martes de outubro de 16.00 a 18.00 horas no edificio Toñito Espiñeira.

Para formalizar a praza hai que chamar aos teléfonos 619 457 324 ou 649 509 806, ou enviar un correo electrónico a dolores.fernandez@carral.es.