A asemblea local do BNG de Carral lamentou onte o pasamento de Benito Bermúdez Veira, o primeiro portavoz municipal do partido neste municipio, na primeira corporación democrática. En 1979 o Bloque, despois de catro décadas de ditadura, logrou cinco concelleiros, entón baixo as siglas Bloque Nacional-Popular Galego.

Os nacionalistas destacan que Bermúdez, taxista de profesión, mantívose na primeira liña da política municipal década e media, ata comezos dos noventa. Foi membro da directiva da Unión Deportiva Carral e ata chegou a ser adestrador. O BNG destacou que personas coma Bermúdez que aportou “o seu traballo e exemplo” en tempos difíciles.