O filólogo Vicente Feijoo, coordinador técnico do seminario de onomástica da Real Academia Galega, ofrece mañá venres 28 de outubro unha conferencia sobre a orixe e significado dos topónimos galegos e sobre o proxecto Galicia Nomeada. Será ás 20.00 horas no auditorio de A Fábrica en Perillo. Esta actividade denominada Toponimízate é un programa da Xunta de promoción da lingua galega para concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A finalidade é, entre outras, achegar á cidadanía de cada concello información sobre a historia do galego falado na súa contorna ou fomentar o galego entre a xente máis nova.