As bibliotecas de Oleiros terán esta semana seis sesións de contacontos. Hoxe martes haberá unha na biblioteca de Oleiros con Trinke Trinke e mañá mércores será na de Santa Cruz con A Xanela do Maxín. O xoves haberá sesión na de Lorbé con Pablo Díaz e na central de Rialeda con Iván Davila. O venres será na de Nós con Lía Magalia e na de Mera con Dinamo. Todas as sesión serán ás 18.30 menos a de Mera (ás 17.30).