A Asociación de Veciños San Antón de Dexo organiza unha excursión a Allariz (Ourense) para o sábado 10 de decembro. Será unha visita guiada polo casco histórico e a súa feira semanal. A saída será ás oito da mañá. Os interesados e interesadas terán ata o 5 de decembro para anotarse no correo da asociación (avv.sananton@gmail.com) ou polo WhatsApp (no teléfono 677 463 493).