Manarte Producciones representará o próximo sábado 26 ás 20.30 horas no auditorio de Mera a obra Política sentimental, dirixida por David Loaysa. A obra transcurre durante a ocupación nazi no territorio francés en 1940. Narra a relación persoal e profesional entre a actriz galega María Casares e o filósofo e escritor Albert Camus. As entradas custan catro euros.