Inversa Teatro representará o vindeiro 3 de decembro a obra de teatro-documento O Péndulo, de Marta Pérez e Ernesto Is baixo a dirección de Carlos Álvarez-Osssorio. É unha coprodución co Centro Tramátivo Galego, a área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a Mostra Interancional de Teatro de Ribadavia. Poderá verse ás 20.30 horas no auditorio de Mera, cun prezo de entrada de 4 euros.

Esta obra é un achegamento á sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia a través da historia de Tirso Gómez Freijido, bisavó de Marta Pérez membro do Partido Socialista e republicano que foi fusilado xunto con dous compañeiros e enterrado nunha gabia.