O biólogo e docente Emilio Graña será o candidato á Alcaldía polo BNG de Sada
O responsable local, moi vinculado aos movementos ecoloxistas, encabezará a candidatura | É veciño de Mondego e milita na formación desde os anos noventa
REDACCIÓN
Emilio Graña Mosquera acaba de ser elixido para encabezar a candidatura do BNG en Sada ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2023. A formación destaca que Emilio Graña “é un militante nacionalista histórico pese á súa xuventude”.
Naceu no 1972 na cidade da Coruña e actualmente é veciño de Mondego. É biólogo e traballa como profesor dende hai máis de 20 anos nun centro concertado da Coruña e milita no BNG desde os anos noventa.
Participou en movementos ecoloxistas desde a súa época de estudante de bacharelato no Instituto da Agra do Orzán, estivo moi implicado no movemento a prol dunha planta de reciclaxe para a comarca despois do escorregamento do vertedoiro de Bens e tamén colaborou como voluntario na organización do envío de buses e na recollida de chapapote durante a marea negra do Prestige, destaca o BNG.
Esta é a segunda vez que figura nunha lista electoral. A primeira foi no ano 1999 ocupando o segundo posto na candidatura do BNG ás eleccións municipais no concello de Oleiros, onde vivía daquela.
Na actualidade é o responsable local do BNG de Sada. “Emilio é unha persoa dialogante, con capacidade de organización e de liderazgo para chegar a acordos, un perfil que necesita Sada nestes momentos de crispación que esixen diálogo coa sociedade, serenidade e rigor”, destaca a formación nun comunicado no que avanza que comeza hoxe o traballo de deseño dun novo proxecto para Sada, cun “programa electoral renovado, participativo e ilusionante, coordinado por unha persoa con capacidade para dirixir un goberno local forte”.
“Comezamos esa nova etapa con confianza no futuro pero sen descoidar o momento presente, procurando evitar a confrontación entre sadenses pero sendo implacables con este goberno de tránsfugas, que novamente protagonizaron feitos lamentables indesexables que desafortunadamente veñen repetíndose en Sada nos últimos 20 anos para bochorno de todas e todos”, advirten.
O BNG é o primer grupo con representación na Corporación que anuncia candidato para as vindeiras eleccións. Benito Portela, de Sadamaioría, avanzou no pleno da moción de censura a súa intención de postularse nas primarias, aínda sen data.
A primeira formación en anunciar candidato para os vindeiros comicios foi Podemos, que concurrirá por primeira vez en Sada con Miguel Huguet como cabeza de cartel.
- El juzgado ordena al Concello de Sada depositar 4,6 millones para el derribo de dos edificios
- Burger Manía llega a Arteixo: cuatro días de hamburguesas gourmet
- Arteixo oferta 36 viviendas de obra nueva en la renovada Travesía de Pastoriza
- Hartazgo y resignación en el puerto de Betanzos por las inundaciones: «Esto no va a dejar de pasar»
- Vecinos exigen podar los árboles de O Burgo y el Concello prevé reforestar
- Una tortuga marina de 300 kilos aparece varada en una playa de Arteixo
- Oleiros ocupará en enero los solares de la senda de Naval hasta Canide
- Anulada la sanción a un club de alterne de Aranga: el juzgado la revoca por un error en la notificación