A Xunta concedeu unha subvención de 44.340 euros ao Concello de A Laracha para impartir unha formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, dirixida a persoas desempregadas. O Executivo local anunciou que nuns días comezará o proceso de selección do persoal docente e do alumnado. Será necesario estar inscrito na oficina de emprego de referencia, como demandante.

O obradoiro contará con 468 horas de formación que se impartirán en 88 días, previsiblemente de luns a venres en horario matutino. Tamén se inclúen dous módulos transversais, uno sobre igualdade de xénero e outro relacionado coa formación para a igualdade, a inserción laboral e a sensibilización medioambiental.

O Concello larachés tamén anunciou que despois de tres anos, a Consellería do Medio Rural anunciou que a parroquia de Lendo xa deixa de ser zona demarcada pola praga da couza guatemalteca da pataca e pasar a ser considerada zona tampón, ou sexa, espazo límite de contención en lugares que lindan con outros infestados enos que se permite plantar, pero avisando antes á Xunta.